O Comité de Sykes continua coas protestas contra a decisión da empresa de desmantelar o centro de traballo da Coruña. Desenvolveu onte a mañá unha nova protesta diante dos edificios administrativos da Xunta en Monelos para rexeitar os 62 despedimentos que a empresa comunicou a pasada semana, así como denunciar a pasividade do goberno galego diante do paulatino desmantelamento da plataforma do telemarketing en A Coruña.
O Comité realizou unha sentada silenciosa ás portas da Xunta co obxecto de visibilizar o rexeitamento absoluto a estes novos despedimentos e reclamar á Consellaría de Traballo que actúe para impedir que prosiga a precarización das condicións laborais do persoal e evitar que a deslocalización do centro de A Coruña se faga efectiva.
A presidenta do Comité e delegada da CIG, Dina Lema, explicou que a pasada semana Sykes comunicou o despedimento a 62 traballadores/as de A Coruña e a outros/as 14 do centro de Lugo, persoal todo destinado a campañas de Vodafone. Lema advertiu que estes despedimentos, que se farán efectivos o próximo dia 14, “non van ser os últimos”. “Vimos aquí reclamar a Consellaría de Traballo que nos atenda e para que se nos aclare toda esta situación, porque até o momento Beatriz Mato non respondeu as nosas solicitudes”, denunciou.
A multinacional Sykes xustificou estes novos despedimentos nunha suposta redución de obra. Non obstante, a presidenta do Comité sinalou que a empresa continúa coa mesma carga de traballo que meses antes, “pero pretenden xustificar os despedimentos alegando que non hai chamadas, cando estas se poden desviar a outras plataformas e, de feito, están traballando en Ponferrada e Lugo. A nos non nos achegaron ningunha documentación que demostre esta suposta falta de traballo”.
Paros na empresa o vindeiro luns
A protesta desta mañá terá continuidade o vindeiro luns, 14 de xuño, día no que están convocados dous paros na empresa entre as 12 e as 13 horas e pola tarde de 17 a 18 horas.
Represalias contra os/as traballadores/as
A presidenta do Comité quixo denunciar tamén as represalias que a empresa está a adoptar contra dela e outra delegada da CIG, as que mantén dende hai dous meses sen ocupación. Esta situación, que xa foi denunciada diante da Inspección de Traballo, vense sumar as política de represión que a multinacional está practicando ao impor sancións e despedimentos disciplinarios a traballadores/as e membros do Comité para acalar as súas reivindicacións.

Nenhum comentário:
Postar um comentário