O Banco Pastor conseguiu un acordo que consagra a flexibilidade horaria para o 90% do cadro do persoal, legalizando a extensión ilegal da xornada laboral, xa que non se habilita ningún tipo de control horario. Ademais implantara a xornada partida 3 días ao mes, cun horario de 8 a 19:00, no que o persoal terá unha hora e media para xantar por quendas, xa que non se pecharan as oficinas.
As entidades financeiras implantando o traballo por obxectivos comerciais, é dicir esixen unha vendas mínimas ao persoal. No traballo por obxectivos comerciais o control horario, que tanto preocupa a maior parte das empresas, pasa a ser accesorio, o importante é acadar as vendas impostas pola empresa custe o tempo que custe.
Neste senso o acordo do Banco Pastor avanza na flexibilidade horaria para o 90% do persoal sen establecer ningún tipo de control da xornada, o que legaliza de facto a extensión ilegal da xornada laboral.
Ademais as oficinas abriran de outubro a marzo os 2 primeiros días de cada mes e o último de xeito continuado das 8 ás 19 horas para atender o traballo administrativo nestas datas de maior afluencia da clientela. O persoal terá hora e media para xantar, debendo facelo por quendas xa que non pecharan as oficinas, o que sen dúbida será problemático para as oficinas con menor número de persoas.
Tampouco haberá compensación económica para o xantar, malia que o Banco impón mobilidade xeográfica ao persoal e polo tanto moitas persoas veranse obrigadas a xantar fora da casa.
Ademais os sindicatos asinantes consentiron en que o Banco poda modificar as datas de apertura partida por outras que considere de maior interese, cun límite do 5% das oficinas preavisando con 40 días.
Como contrapartida o persoal librará todos os sábados, neste senso aimplantación de plataformas de servizos financeiros nivel europeo fixo que os sábados na Banca pasaran a ser inhábiles para a maior parte das operacións , pero as entidades estan conseguindo flexibilidade horaria a traves de diversos acordos de empresa baixo a aparente cesión na libranza dos sábados.
Podes acceder aquí o texto do acordo.

Nenhum comentário:
Postar um comentário