abril 26, 2010

A Inspección paraliza as obras da central de Caixanova en Vigo

As obras de reforma da central de Caixanova na rúa García Barbon en Vigo foron paralizadas despois dunha denuncia da CIG, á espera de que se realicen análises que garantan que non hai amianto na estrutura do edificio.

Dende o inicio da obra de reforma da central de Caixanova en Vigo, os delegados de prevención da CIG mantiveron numerosos contactos coa empresa, preocupados pola posible presenza de amianto na estrutura do edificio da central. Noutras construcións da mesma época na cidade de Vigo apareceu amianto cando afrontaron reformas ou demolicións.

A semana pasada un delegado de prevencións recolleu do chan unha serie de mostras sospeitosas, trasladándose á Inspección de Traballo onde unha inspectora dixo que a falta dunha análises semellaba que os materiais podian conter amianto.

Foi por iso que a CIG presentou denuncia na Inspección de Traballo solicitando que se cumpran os protocolos previstos legalmente para estos casos.

O venres un Inspector xirou visita á obras, obras que foran sometidas a unha intensa limpeza dende que a Inspección se puxera en contacto coa Caixa, o cal non para a CIG non é nada tranquilizador.

O luns a Inspección xirou unha nova visita acompañados por un técnico do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, resolvendo paralizar a obra a espera de que se analicen os materiais presentes na estrutura sospeitosos de conter amianto.

A semana pasada a CIG enviou parte das mostras recollidas a un laboratorio independente para a súa análise co fin de determinar con urxencia si o persoal da obra, e os 500 traballadores e traballadoras da central de Caixanova, estiveron expostos dalgún xeito a este perigoso material.

O amianto, coñecido como o asesino silencioso, é un material altamente dañino para a saúde xa que entre outras enfermedades provoca varios tipos de cancro ou asbestosí polo que foi totalmente prohibida a súa comercialización. É habitual en edificios antigos polo que previamente ás obras debe realizarse unha analise dos materias que forman a estrutura do edificio e cando se detecta amianto debe ser removido baixo unhas estrictísimas medidas de seguridade.

Mais ala da paralización preventiva da obra a CIG continua vixilante a espera dos resultados.

Nenhum comentário:

Postar um comentário