abril 27, 2010

Confirmado amianto na obra da central de Caixanova


Xa comezan a chegar os resultados da analises realizadas ás mostras recollidas nas obras da central de Caixanova en Vigo. Un edificio no que 500 traballadores e traballadoras de Caixanova comparten espazo coas obras de reforma.


Hoxe coñecemos os resultados de dúas mostras enviadas a un laboratorio independente para a súa análise, desgraciadamente unha das cales conten amianto. confirmándose polo tanto os piores temores. Dende a CIG-Caixanova avisan que "exixiremos que se investigue, ata as últimas consecuencias, o grao de exposición do persoal ao polvo de amianto".

Por outra parte hoxe houbo unha nova visita da Inspección de Traballo no edificio, onde foron recollidas mostras de materiais por parte de persoal especialista dunha empresa privada. Dende a CIG-Caixanova din con indignación:-"o especialista que acudiu a recoller as mostras parecia un astronauta co traxe aillante e o persoal da Caixa exposto en mangas de camisa durante nove meses que levan de reforma".

Agárdase que o resultado de todas as probas encargadas pola CIG podan coñecerse antes de que remate a semana.

Nenhum comentário:

Postar um comentário