março 15, 2010

Os sindicatos convocan mobilizacións no Pastor

Os sindicatos con presenza no Banco Pastor anunciaron en rolda de prensa que preparan mobilizacións para facer fronte a vaga de despedimentos anunciados pola Dirección. Polo momento son 5 as persoas despedidas en Galiza, tendo anunciado a empresa que está revisando os informes laborais dos últimos meses sen desbotar polo tanto mais despedimentos.

O vindeiro día 16 de marzo está convocada unha concentración de delegados/as diante da central do Pastor en Vigo e o vindeiro 26 de marzo unha concentración diante da Xunta de Accionistas que o banco celebrará en A Coruña.

Nenhum comentário:

Postar um comentário