março 06, 2010

Ultima hora: despedimentos no Banco Pastor

Cando menos serían catro os despedimentos confirmados, realizados polo Banco Pastor o pasado venres, 5 de marzo en Pontevedra estando pendentes de confirmar outros dous caos mais na provincia de Ourense.

As vítimas son traballadores con ata 38 anos de antigüidade na empresa, argumentando a Dirección do Banco "incumprimento das expectativas". O Banco recoñeceu a improcedencia dos despedimentos (é dicir que non hai causa legal) e consignou unha indemnización de 45 días por ano traballado.

O Banco Pastor recibeu no ano 2009 axudas públicas do FAAF (Fondo Adquisición Activos Financeiros) por 293.504.120 millóns de euros e o estado avaloulle unha emisión de 1.000.000.000 de euros (o aforro que supuxo o aval público foi superior ao 50% do custe sen que lle afectase o recurte no rating). Outro banco mais que despide financiando as indemnizacións con cargo ao erario público.

Estes despedementos lembran os realizados pola dirección deste Banco no mes de decembro do ano 2000 que derivaron nun gran conflito laboral que durou meses.

Nenhum comentário:

Postar um comentário