Unísono confirmou que serán 16 as persoas que despedira polo suposto fin de campaña do proxecto CAC_REC de Vodafone. A CIG xa alertara desa posibilidade cando se iniciou o conflito pola deslocalización dos servizos de atención ao cliente de Vodafone cara a Perú, Chile e Colombia. Unísono Chile é unha das plataformas autorizadas pola AEPD (Axencia Estatal de Protección de Datos) para poder operar con bases dos clientes do estado español.
Malia o compromiso inicial Unísono non recolocará a todo o persoal afectado polo "fin de campaña" de CAC en Vigo, en total poderían ser 16 as persoas despedidas, alegando a empresa que non pode recolocala xa que terían que pasar a indefinidas por levar mais de 24 meses.
O Comité de Empresa aprobou unha concentración de denuncia como inicio dunha campaña de resposta fronte a decisión de Unísono CRM.
Nenhum comentário:
Postar um comentário