setembro 28, 2011

Xornada de protesta no Banesto contra a represión sindical


Banesto despediu a un afiliado á CIG baixo a acusación de ter collido 10 euros da caixa para tomar café e non devolvelos ao final da xornada; o certo é que unha vez mais as decisións do Banesto encubren unha actuación antisindical, o único "delito" do traballador foi tentar organizar unha cea cos compañeiros/as da súa zona para falar do deterioro laboral da entidade. E para a CIG non cabe represión sindical sen resposta.


Cando ainda resoaban os ecos do traslado dun delegado da CIG por ter defendidio a un traballador inxustamente despedido, e ao pouco tempo de coñecerse a sentenza do TSXG que obriganba á empresa a repoñelo no seu posto de traballo, o Banesto decidiu continuar coa política represiva contra a CIG co fin de amedrentar ao cadro de persoal para que renuncie á defensa dos seus dereitos.

O malestar do persoal do Banesto é evidente ante a política de despedimentos, traslados e presións diarias, foi por iso que o afiliado da CIG decidiuse a organizar unha cea do persoal para falar da situación laboral, algo que a Dirección da Entidade non está disposta a consentir: o persoal debe sufrir en silencio, pensan en Madrid. A dirección teme unha reacción do persoal ante o deterioro das condicións laborais, só así se explica o despedimento inxusto e fulminante deste compañeiro.

Mais ala das correspondentes actuacións que a dereito corresponden, a CIG iniciou o 27 de setembro un proceso de mobilizacións, cunha primeira concentración diante da oficina de Verín na que estaba destinado o traballador, e na que está a Directora que acusou ao compañeiro de ter collido "dez euros".

Xa hai prevista unha nova concentración para as vindeiras datas, o conflito co Banesto continuará ata conseguir a readmisión do traballador inxustamente despedido.

Imprime e difunde

Nenhum comentário:

Postar um comentário