fevereiro 27, 2012

Impacto da Reforma laboral, da negociación colectiva e a Xurisdición social no telemárketing

O Decretazo aprobado o 11 de febreiro polo Goberno do Partido Popular non é só unha reforma laboral, racha do modelo de relacións laborais que coñecemos ata o momento. Con carácter xeral as decisión laborais que afectaban aos traballadores/as debían ser negociadas coa representación sindical, debían ser xustificadas as necesidades e en cando se traba de despedimentos e modificacións das condicións laborais debían contar con autorización previa das administracións públicas.

janeiro 26, 2012

Concentración no Banco Pastor en defensa do emprego

Delegados e delegadas da CIG no Banco Pastor realizaron esta mércores unha concentración na oficina principal da Coruña para denunciar os custes laborais que está tendo o proceso de absorción do Banco Pastor polo Banco Popular. Dende a Sección Sindical criticouse a “liquidación a prezos de saldo” que o Banco Pastor está a facer do seu cadro de persoal e demandáronse solucións que garantan o mantemento dos empregos en Galiza tanto no banco como nas empresas do seu Grupo.

Bancos das Caixas: un preacordo que recorta os salarios un 10% en catro anos

En relación ao preacordo de Convenio, é preciso subliñar que estamos ante unha conxelación e recorte salarial nos anos 2011-2012 e tamén nos anos 2013-2014 se hai recesión. Non é en base a situación do sector, si non en aplicación do Acordo Interconfederal asinado por CCOO-UGT-CEOE-CEPYME. A clase traballadora pagará as consecuencias da crise cun duro recorte salarial a 4 anos.

Banca: mais de media paga perdida nun ano sen Convenio

AEB decidiu, a petición de CCOO, suspender a negociación do Convenio Colectivo da Banca Privada. Moito nos tememos que queira quitar vantaxe da reforma laboral e da reforma da negociación colectiva que anunciou o PP, e que ata este momento, contaron coa complicidade de CCOO-UGT-CEOE, que as negocian en privado.

Telemárketing: 1 paga perdida en 2 anos sen Convenio

As empresas de Telemárketing non sofren as consecuencias da crise, pero pretenden que asumamos as consecuencias dunha crise que nós non provocamos e que elas non padecen. Algunha das grandes empresas deste sector, que nos nega a suba salarial, publicou que no primeiro semestre do ano pasado os seus beneficios subiron un 25% (Atento).