En relación ao preacordo de Convenio, é preciso subliñar que estamos ante unha conxelación e recorte salarial nos anos 2011-2012 e tamén nos anos 2013-2014 se hai recesión. Non é en base a situación do sector, si non en aplicación do Acordo Interconfederal asinado por CCOO-UGT-CEOE-CEPYME. A clase traballadora pagará as consecuencias da crise cun duro recorte salarial a 4 anos.
Din que se reforza a existencia do Convenio de Caixas fronte ao de Banca: En primeiro lugar que pervivan os bancos procedentes das Caixas depende da concentración e centralización do sistema financeiro que prepara neste momento o Partido Popular, que insiste na vía fracasada das fusións coma o anterior goberno do PSOE. Que pasará si os bancos absorben aos bancos das Caixas? aplicarase o de banca e haberá que negociar as condicións do trapaso.
Recorte salarial salvaxe: Estamos ante un recorte brutal dos nosos salarios ao longo da vixencia do Convenio. Primeiro coa conxelación durante os anos 2011 e 2012.
Salario Medio Perda Conxelación Salarial 2011
30.000 -720
30.000 -720
35.000 -840
40.000 -960
45.000 -1.080
50.000 -1.200
Para 2013 e 2014 a suba estará condicionada pola evolución do PIB do Estado, algo inaudito, cando os distintos Organismos avisan dunha recesión de cando menos 2 anos.
O Plus Convenio tamén será conxelado, e para 2013-2014 establécese outro interruptor, a “eficiencia” das empresas que depende da xestión das cúpulas.
Con este preacordo, recortan salario fixo e outra parte pasa a ser variable. Ademais a Comisión Paritaria poderá decidir que non se aplique o Convenio en numerosas materias.
Compromiso de que non haberá medidas traumáticas unilaterais. A propia lexislación prevé un período de consultas coa representación sindical ante a toma de medidas de carácter colectivo. Ademais escasa garantía ofrece que “negocie” con CCOO, CSICA e UGT que, a día de hoxe, teñen asinado ERE´s e traslados colectivos e que aceptan un recorte salarial a 4 anos de entre un 8-10%. Os sindicatos da patronal non son garantía de nada.
En definitiva, o preacordo só favorece ás blindadas cúpulas das entidades e agardamos que se produza a reunión da Mesa legalmente constituída e lexitimada para negociar o Convenio, co fin de coñecer o texto definitivo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário