Malia que o Tribunal Supremo ratificou a sentenza da Audiencia Nacional, ante os conflitos presentados entre outros pola CIG, que recoñece a existencia do IPC previsto no ano 2009 e polo tanto o dereito do persoal á suba salarial, a patronal adiou ata o mes de setembro a reuniòn da Comisión Paritaria (integrada por ACCE, CCOO e UGT) que debe ratificar as novas táboas.
As empresas de telemárketing tampouco estan cumprindo a recente sentenza que establece que o descanso durante a xornada é tempo de traballo efectivo e computa como tempo traballado para as pausas PVD (pantalla de visualización de datos) que por convenio son de cinco minutos por hora traballada. Alegan que solicitaron unha aclaración da sentenza.
A esta situación engádese a parálese na negociación do novo Convenio Colectivo, sen que ata o día de hoxe tiveran unha resposta sindical. A CIG propuxo nos distintos Comités de Empresa de toda Galiza o inicio de mobilizacións xa no mes de xullo, sen que poidesemos conseguir unha data de mobilización conxunta en toda Galiza.

Nenhum comentário:
Postar um comentário