Dende o Comité enténdese que a empresa non acredita ningunha das causas alegadas no expediente e que o ditame da Xunta é “irresponsábel e fraudulento” porque estima despedimentos de persoal que mesmo está recolocado noutras campañas da plataforma. Por iso, xa solicitou unha reunión urxente coa titular de Traballo, Beatriz Mato.
A continuación reproducimos o comunicado emitido polo Comité de Sykes tras coñecerse a resolución da administración galega:
O Comité de Empresa de Sykes Enterprises A Coruña, ante a estimación por parte da Xunta do ERE, que autoriza o despedimento de 68 traballadoras e traballadores do noso centro de traballo quere manifestar o seguinte:
-O Comité de Empresa oponse a estimación parcial do ERE, xa que consideramos que non se acredita ningunha das causas que alega a empresa para xustificar este despedimento masivo coma manifestamos nos contrainformes presentados polo Comité de Empresa, e polo tanto interporá recurso de alzada contra esta resolución.
-A resolución da Xunta é irresponsábel e fraudulenta porque estima despedimentos de persoal que xa está recolocado noutras campañas, e non ten en conta que outra das campañas afectadas está a ser ampliada nestes intres, abrindo a porta a que a empresa se poida liberar de persoal indefinido que é necesario para a boa prestación dos servizos.
-A resolución da Xunta resolve 16 despedimentos de indefinidos na campaña de Vodafone, provocando preocupación e incerteza ante o que poida afectar para producir máis despedimentos do persoal contratado por obra e servizo na campaña de Vodafone.
-O Comité de Empresa manifesta o seu mais enérxico rexeitamento e condena esta resolución da Xunta que provoca 68 despedimentos, que se veñen sumar aos 108 despedidos producidos o 31 de marzo de 2010.
-Antes todo isto, o Comité de Empresa xa ten solicitada reunión urxente coa Conselleira de Traballo, Beatriz Mato.
Nenhum comentário:
Postar um comentário