março 22, 2010

Sindicatos en Sykes convocan manifestación na Coruña

Os sindicatos con presenza en Sykes fixeron un chamamento á cidadanía da Coruña para que participe nunha manifestación prevista para este día 25 de marzo.

A manifestación sairá ás 20:00 horas dende a Praza de Pontevedra. Esta mobilización unitaría ten como obxectivo a defensa dos postos de traballo fronte ao fin de obra e o ERE nas campañas de Vodafone e Telefónica, promovido por Sykes. As dúas empresas de telecomunicacións estan deslocalizando os servizos a América Latina deixando a xente das subcontratas de telemárketing na rúa.

Esta mobilización forma parte da ampla campaña de paros, concentracións e mobilizacións realizadas polo persoal desta subcontrata.

Nenhum comentário:

Postar um comentário