A CIG xa alertou a principios deste mes da posiblidade de que a deslocalización emprendida por Vodafone poidera afectar a campaña de recepción de chamadas na empresa Unísono CRM en Vigo. Finalmente serán 16 as persoas despedidas.
Unísono Chile é unha das empresas beneficiadas pola deslocalización de Vodafone cara a América Latina que está afectando gravemente ao emprego no sector de telemárketing en Galiza.
A empresa que anunciou o “fin da campaña” Vodafone recepción, comunicou a representación da CIG que despedirá a 16 persoas a final de mes incumprindo o compromiso previo de recolocación. A empresa alega que non pode contratar ao persoal afectado por que levaría mais de 24 meses na empresa con dous contratos e debería facelos fixos conforme a lexislación. Pero a súa vez a empresa négase a realizar a transformación de contratos temporais en indefinidos obrigatoria por convenio.
A CIG trasladou ao Comité de Empresa a información da empresa, aprobandose por unanimidade emprender mobilizacións de xeito inmediato para exixir a recolocación do persoal afectado. Estando previsto a primeira concentración para o vindeiro 23 de marzo
Nenhum comentário:
Postar um comentário