julho 16, 2009

A CIG non asina o Acordo de Emprego no Banesto

A Sección Sindical da CIG no Banesto avaliou negativamente o denominado "Acordo de Emprego", asinado pola empresa, CCOO e UGT.

Este acordo conten tres puntos básicos: o Banco comprométese a non levar adiante un ERE, refírese aos posibles traslados asociados á restruturación da entidade e por último refírese aos procedementos sancionadores.

Para a CIG-Banesto trátase dun acordo baleiro de contidos que non achega nada novo ao xa recollido na lexislación xeral e no Convenio.

No primeiro punto o Banesto comprométese a non plantexar un ERE neste ano 2009, pero dende a CIG lembran que os Expedintes de Regulación de Emprego deben ser autorizados polas autoridade laboral competente, demostrando a mala situación económica e polo tanto a falta de viabilidade. Banesto anunciou beneficios multimillonarios para este ano, polo que non cabe ningún tipo de ERE.

En relación aos traslados e aos posibles expedintes sancionadores o acordo recolle que se aplicará o Convenio vixente, sen achegar maiores garantías, polo que resulta intrascendente.

Por último denuncian que con este acordo CCOO e UGT respaldan a política laboral do Banesto, que a CIG, califica de nefasta.

Para mais información podes aceder ao espazo da CIG-Banesto na sección de enlaces.

Nenhum comentário:

Postar um comentário