
Ante a presentación por parte da Dirección de Caixanova e da Xunta de Galicia, do proxecto CENIT da empresa INSA-IBM, polo que abrirán un centro en Ourense a través do que pretenden externalizar e subcontratar definitivamente a área de informática da caixa de aforros. A CIG anunciou que fará publica unha avaliación ao respecto.
Dende a Sección sindical da CIG en Caixanova xa adiantaron a súa oposición a esta nova subcontratación de servizos que consideran estratéxicos para a empresa e que inicialmente terá consecuencias laborais para 70 persoas que xa subcontratadas que prestan servizo no Centro de Informática de Caixanova en Vigo.
Nenhum comentário:
Postar um comentário