novembro 09, 2011

A Xunta de Galicia autoriza o ERE do Banco Gallego

Finalmente a Xunta de Galicia aprobou o ERE extintivo para 99 persoas en Galiza, pactado polo Banco Gallego, CCOO e UGT. A aprobación por parte da Consellería de Traballo e Benestar evidencia que o ERE só afectará en Galiza tal e como tiñamos denunciado, de afectar tamén en Madrid sería o Ministerio de Traballo a administración competente.

O Acordo que xustifica o ERE prevé a eliminación definitiva dos SSCC na Coruña pero non afecta aos SSCC deslocalizados nos últimos anos a Madrid e nos que traballan 127 persoas. Dende a CIG se denuncia que non se pode chegar a entender que a Xunta de Galicia non aproveitase a tramitación do ERE para esixir da Dirección da Entidade o mantemento dos postos de traballo na Coruña.

Nenhum comentário:

Postar um comentário