outubro 11, 2011

Nova mobilización no Banesto en Ourense

Hoxe a tivo lugar unha nova concentración diante da Oficina Principal do Banesto en Ourense para demandar a readmisión do traballador inxustamente despedido en Verín por ter organizado unha cea cos compañeiros da súa zona para falar da situación laboral da entidade.

Na concentración participaron cerca de medio cento de delegados/as, nomeadamente da Comarca de Ourense, en defensa da liberdade sindical e pola readmisión do despedido. 

Precisamente hoxe coñeceuse que o Banesto, entidade que recibiu axudas públicas, baixou un 83% os beneficios.

Nenhum comentário:

Postar um comentário