outubro 18, 2011

Banco Gallego, un ERE que non casa

Asemblea de persoal no Gallego
Despois das denuncias públicas da CIG, relativas ao ERE do Banco Gallego e a intención de dar o último paso na deslocalización dos SSCC da Coruña, a Dirección da Entidade xunto a CCOO e UGT asinaron unha acta anexa ao acordo coa que preténden un lavado de cara. 

Din que só pecharan 10 oficinas en Galiza e que os traslados das 45 persoas de SSCC poden afectar tanto na Coruña como en Madrid. Pero os números non cadran, o peche de 10 oficinas non xustifica en ningún caso a saída de 99 persoas do Banco e ademais 100 traslados de persoal na rede galega. Tanto querer aparentar normalidade, introduciu maior incertidume.

Nenhum comentário:

Postar um comentário