outubro 08, 2011

Haberá mobilizacións polo escándalo de novacaixagalicia.

A Dirección de novacaixagalicia (entendendida como a Caixa de Aforros xa sen actividade comercial) anunciou este xoves, día 6 de outubro, que a participación no Banco da Caixa, reducida ao 6,84% pola negociación entre o Banco de España e os Fondos norteamericanos encabezados por José María Castellano, faría inviable a Obra Social e os 335 postos de traballo. Foi o remate dunha semana de escándalo.A CIG, ten convocado mobilizacións para esixir a paralización do proceso de privatización da entidade e unha fonda investigación ante a escandalosa actuación dos ex-directivos, directivos actuais, Banco de España e Xunta de Galicia.

Malia Caixanova ter recibido 376 millóns de euros e Caixa Galicia 782 millóns antes da fusión e 1.162 millóns de euros xa como novacaixagalicia, ningunha das administración encargadas de vixiar, supervisar, tutelar e controlar as entidades faiaron estrepitosamente.

Máis alá dos pagos a ex-directivos, que poderían superar os 50 millóns de euros, o pasado xoves a representación dos traballadores/as da Obra Social recibiu a noticia de que a valoración da Caixa pactada entre Banco de España e os Fondos norteamericanos que rebaixaban o valor en libros nun 93%, facía inviable manter a obra social.

É certo que os cobros dos directivos son escandalosos, pero non son menos escandalosas as manobras para abaratar o prezo da caixa cara a unha privatización opaca que só beneficia a fondos de investimento e as grandes fortunas galegas en detrimento da maior parte da sociedade.

A Obra Social tiña un orzamento anual que se achegaba aos 100 millóns de euros que coa privatización acabaran nos petos das grandes fortunas que non os precisan.

A CIG entende que deben ser explicados todos os pasos do reparto de bens e activos entre o banco e a Caixa. Non é de recibo que se diga que os activos que quedaron en mans da Caixa teñen un valor de 434 millóns e que estes non se tiveran en conta a hora de valorar a participación no banco. Si houberan incluído estes importes a participación no banco acadaría o 16% e a Obra Social estaría garantida.

Alén das medidas previstas pola representación da Obra Social, a CIG ten convocado concentracións de protesta diante das sedes centrais da Caixa para reclamar unha comisión de investigación e a paralización do proceso de privatización.

Nenhum comentário:

Postar um comentário