novembro 28, 2010

Éxito da folga no sector de notarías.

Traballadores e traballadoras das notarías pararon a actividade no seu sector nunha xornada de folga convocada pola CIG. Chegados de todo o País participaron na mañá deste venres na concentración convocada pola CIG-Banca diante do Colexio Notarial de Galiza, situado en A Coruña. Coa protesta, enmarcada na xornada de folga, o persoal reclama  melloras laborais e económicas.

O convenio de empregados/as, segundo explican dende a Federación de Banca da CIG, está sen negociar dende o ano 1996, e aínda que en febreiro pasado a central denunciou formalmente esta situación, despois de ter organizado aos traballadores e traballadoras de toda Galiza a través da convocatoria de asembleas e a elección de representantes sindicais.

O colectivo de traballadores/as reivindicou tamén unha mellora nas condicións laborais e económicas, así como o recoñecemento do dereito á subrogación do persoal cando se produce un cambio de titularidade das notarías. Neste senso, explican que o Convenio Colectivo Estatal asinado por CCOO e UGT, contempla que cando un notario/a cambia de Notaría, o persoal queda sen emprego, á espera de que o/a novo/a titular da praza decida restituílos no seu posto. Así mesmo, lamentan que as condicións do seu emprego non estean suxeitos á Notaría, senón a vontade do seu titular á hora de recoñecer aspectos como a antigüidade, atrasos, etc.

A convocatoria de folga afectou a todo o cadro de persoal das notarías do país, así como a todo os/as traballadores/as de ETT’s que prestan servizos para ditas empresas.

Nenhum comentário:

Postar um comentário