setembro 07, 2010

O persoal do Banco Gallego respondeu masivamente

O persoal do banco gallego participou activamente na asemblea convocada pola CIG, CCOO e UGT para dar resposta aos despedimentos realizados pola entidade en base ao artigo 52 do Estatuto dos Traballadores/as, despois de externalizar o servizo de extranxeiro situados ata o de agora nos Servizos Centrais da Coruña.

Mais dun 60% do cadro de persoal do Banco Gallego en Galiza, que conta con menos de 400 traballadores/as no pais, participou na asemblea nacional celebrada o día 7 de setembro ás 17:30 horas en Santiago, os tres sindicatos convocantes e o propio persoal considerou un éxito a participación e destacaron que o persoal do Banco está unido fronte a política de despedimentos inxustos. Aproximadamente 250 persoas chegadas de toda Galiza en autobuses e coches particulares participaron nunha asemblea que foi moderada polo compañeiro da CIG Xosé Valcarcel.

Nunha fase inicial da asemblea os tres sindicatos explicaron como se deron estes despedimentos que superaron unha linea vermella no sector financeiro ao entender o Banco que a externalización de servizos a través dunha empresa auxiliar é unha causa obxectiva, un caso único nunha entidade financeira. Por parte da CIG interviu nesta primeira quenda o noso compañeiro Modesto.

Posteriormente os sindicatos fixeron dúas propostas aos traballadores e traballadoras para dar resposta aos despedimentos, sendo aceptadas ambas por unanimidade. En primeiro lugar o persoal avalou a convocatoria dunha mobilización de delegados o vindeiro 21 de setembro diante da sede do Banco Gallego na Coruña na que participara o persoal dos Servizos Centrais en solidariedade cos seus compañeiros/as inxustamente despedidos. Así mesmo aprobouse o enviou dun escrito ao Presidente da Entidade para que o Banco proceda a unha rectificación inmediata da súa política laboral.

Na asemblea estiveron presentes representantes das respectivas federacións de CCOO, UGT e da CIG (que estivo representada polo Secretario Nacional), representantes que estan participando na mesa negociadora do pacto laboral da fusión das Caixas, hai que lembrar que Caixanova é o accionista de referenza do Banco Gallego. Deste xeito mostraron ademais o apoio absoluto das tres centrais sindicais aos persoal do Banco Gallego ante unha actuación que pode sentar un grave precedente no sector financeiro, anunciando o apoio a mobilización do día 21 de setembro.

Dende a Sección Sindical da CIG no Banco Gallego, que consideraron a asemblea un éxito de participación en todos os sentidos xa preparan a mobilización do día 21 de setembro a espera de que a Dirección da Entidade abra unha negociación para dar un viro de 180 grados á política laboral.

Nenhum comentário:

Postar um comentário