Os traballadores e traballadoras de Banco Gallego de toda Galicia temos unha cita moi importante o próximo martes, día 7, en Santiago.
Como todos sabedes o desmantelamento dos Servizos Centrais de BG na Coruña vense producindo dende hai un par de anos mediante traslado dalgúns departamentos a Madrid e/ou exteriorización de servizos a outras empresas.
Co último movemento deste senso (liquidación do DECEX) Banco Gallego deu un paso máis na súa política de ataque aos dereitos laborais: INTENTAR COLAR COMO CAUSAS OBXECTIVAS E ENTREGAR CARTAS DE DESPEDIMENTO CON 20 DÍAS POR ANO E LIMITE DE 12 MENSUALIDADES.
Non podemos quedar impasibles. Todo o persoal de Banco Gallego temos que responder a esta provocación e mostrarlle á empresa a nosa forza e que non imos renunciar tan facilmente aos nosos dereitos.
Por iso as tres seccións sindicais de Banco Gallego (CIG, CCOO e UGT) convocamos unha Asemblea (como inicio de próximas mobilizacións) que se celebrará no HOTEL CONGRESO de Santiago (no km.3 en dirección A Estrada) e que comezará ás 17,30 horas cunha duración prevista de hora e media ou dúas horas e de acordo co seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Análise da situación. Intervención das tres seccións sindicais.
2.- Propostas á asemblea.
3.- Rogos e preguntas.
Están previstos autobuses dende A Coruña (con saída na Praza da Palloza ás 16,30h) e dende Vigo (con saída da Praza de España, diante do hotel Los Galeones ás 16, 30h). Este autobús fará parada en Pontevedra (diante da estación de Renfe, sobre as 16,45h ) para coller a xente de Pontevedra e a súa contorna.

Dende a CIG animámosvos a todas e a todos a asistir. Non aceptedes presións da empresa no senso contrario.
¡¡¡É MOI IMPORTANTE A TÚA ASISTENCIA!!!.
Nenhum comentário:
Postar um comentário