junho 23, 2010

Xornada de mobilizacións nas Caixas e no Banesto



O día 22 de xuño foi unha xornada de mobilizacións da Banca en Vigo, ás 11:00 da maña houbo unha concentración da CIG na Oficina Principal do Banesto para denunciar os continuos e amedrentadores traslados dos traballadores/as (278 nun só ano, máis da metade do cadro de persoal en Galiza), o incremento da burocracia normativa e o medo transmitido polo seu mal cumprimento, os esaxerados obxectivos fiscalizados ducias de veces de múltiples xeitos e maneiras, en horas nas que non hai tempo nin para xantar dignamente, a incrible redución dos cadros de persoal das oficinas, a descarada e ilegal prolongación da xornada laboral, todo iso, ten como consecuencia a máis grande desmotivación dos traballadores/as que se lembra, máis incluso que cando foi a intervención de Banesto.

Posteriormente delegados e delegadas da CIG e CGT, fundamentalmente de Caixa Galicia e Caixanova, mobilizáronse ás 12 da maña na central de Caixanova en Vigo para protestar ante o que consideran opacidade e incumprimentos legais na fusión das Caixas. Ambas entidades anunciaron un recorte de 2.400 persoas, pasando das 7.800 actuais ás 5.400 no ano 2015, a través de peches de centros de traballo e a posible venda doutros.

Así mesmo foron presentadas denuncias na Inspección de Traballo, na Consellería de Traballo e alegacións ante o Banco de España.

Nenhum comentário:

Postar um comentário