maio 18, 2010

A CIG gaña as eleccións na empresa de telemarketing Unísono en Vigo

Con 222 votos e 9 delegados/as convertese na primeira forza na empresa de telemarketing Unísono CRM en Vigo.

O persoal das dúas plataformas da multinacional Unísono en Vigo deron un amplo respaldo á candidatura da CIG nas eleccións sindicais celebradas o 18 de maio na que estaban e xogo 23 delegados/as.

A candidatura da CIG con 222 votos obtivo 9 delegados/as, CGT (ata estas eleccións primeira forza) sumou 156 votos e 6 delegados, CCOO tivo 110 votos e 5 representantes e por último a UGT tivo 77 votos e 3 delegadas.

A CIG entrou en Unísono nas primeiras eleccións sindicais fai catro anos con 49 votos longrando 2 delegadas de 9. Posteriormente en maio de 2007 houbo novas eleccións por ampliación do Comité en 4 delegadas, conseguiu a CIG 53 votos e 1 delegada, polo que o resultado actual é un salto cualitativo e cuantitativo tanto en número de votos como en representación.

Dende a Sección Sindical da CIG avaliou como moi positivo os resultados e agradecen a todas as traballadoras e traballadores de Unisono CRM -Vigo o apoio recibido tanto durante a campaña e na confección da candidatura, como nas propias eleccións.


Nenhum comentário:

Postar um comentário