A posible absorción de Caixa Galicia por Caja Madrid e a CAM valenciana tería, segundo advirte a federación de Banca da CIG, graves implicacións sobre o emprego, coa desaparición da sede central, dos servizos centrais, as empresas auxiliares e a coincidencia de oficinas e afectaría a preto de 2.250 empregos en Galiza e 600 no resto do Estado.
A federación de Banca da CIG advirte que no hipotético caso de que o Partido Popular impoña a absorción de Caixa Galicia, unhas “difíciles e hipotéticas prexubilacións” non absorberían todo o impacto sobre o emprego nin nas empresas auxiliares, onde traballan case 1.000 persoas, nin para o persoal propio de Caixa Galicia.
Neste sentido explican que o 97% do persoal das Entidades Financeiras ten contrato fixo e unhas taxas de temporalidade moi cativas en comparación coa media do mercado laboral galego. As restruturacións anteriores do sistema financeiro realizáronse utilizando de forma masiva medidas “brandas”, nomeadamente prexubilacións. Alén diso, as Normas Internacionais de Contabilidade (NIC) encareceron este tipo de procesos, que deben realizarse, de xeito xeral, con cargo a beneficios, o que levou á desaparición das prexubilacións no sector financeiro.

Ademais, ante o proceso de restruturación que implica calquera fusión, lembran a posición favorábel das Caixas de Aforro, da patronal e do Banco de España, a prolongar a vida laboral, polo que as posíbeis prexubilacións con cargo a diñeiro público do FROB, semella unha alternativa máis que difícil. En todo caso, non é certo, explican, que o decreto de creación do FROB faga mención aos procesos de prexubilación, tal e como se viu informando en algúns medios.
A día de hoxe, e analizado o cadro de persoal, en Galiza, CIG-Banca afirma que o número de persoas entre os 55 e os 60 anos que poderían acollerse a esas supostas prexubilacións, redúcese a 380 persoas.
Para o resto, a saída do ‘excedente’ de persoal quedaría reducida a un posíbel ERE; despedimentos obxectivos; baixas incentivadas (despedimentos voluntarios pactados) e mobilidade xeográfica.
Por iso, consideran indefendíbel que Entidades que presentan beneficios sexan obrigadas a unha fusión claramente política que terá graves efectos sobre o emprego no país.
Obra Social decidida fora do país

Clodomiro Montero, secretario nacional da federación de Banca, salienta que as Caixas Galegas son as segundas inversoras en Obra Social e Cultural no país, só por detrás das administracións públicas en Galiza. De feito, o orzamento conxunto das dúas entidades para este ano 2009 achégase aos 170 millóns de euros e os orzamentos dos últimos 5 anos foron de preto dos 730 millóns de euros.
“É precisa unha reorientación da Obra Social das Caixas, pero unha posible absorción das Caixas Galegas, privarían á sociedade galega destes recursos”, explica Montero quen engade que, “se o actual goberno presidido por Alberto Núñez feijoo rexeita o sistema de financiamento autonómico por unha diferenza de 64 millóns de euros anuais, cabe entender que debería rexeitar que o destino dos orzamentos da Obra social das Caixas Galegas se decida fora do país”.
Proposición non de lei
CIG-Banca dá o seu apoio expreso á proposición non de Lei presentada polo BNG no Parlamento de Galiza para que a Xunta impugne o Real Decreto Lei 9/2009 de 26 de xuño, aprobado polo Goberno central polo que se autoriza ao Banco de España a decidir fusións intracomunitarias invadindo competencia autonómicas.
A federación manifesta a súa confianza en que as posicións publicacións contrarias á desaparición das Caixas Galegas se materialicen na aprobación da proposición non de Lei presentada no Parlamento.
Nenhum comentário:
Postar um comentário