julho 29, 2009

A CIG anuncia a súa oposición á absorción de Caixa Galicia

Ante o debate aberto publicamente despois da aprobacion do FROB, sobre unha fusións por absorción das Caixas de Aforros de Comunidades Autónomas gobernadas polo Partido Popular, que poidería afectar a Caixa Galicia, a CIG anunciou a súa oposición ante este posible escenario que levaría a desaparición dos Servizos Centrais, das empresas auxiliares, da Obra Social e da Sede Central da cidade da Coruña.

Criticaron a Mariano Rajoy por apuntar que a posible fusión das Caixas Galegas levaría a un “porrón de despidos”, esquecendo o impacto sobre o emprego de calquera fusión e en concreto da liderada polo seu partido.

Denuncian que a absorción de Caixa Galicia por Caja Madrid e a CAM tería un impacto directo sobre os Servizos Centrais na Coruña, a Obra Social e as empresas auxiliares, afectando a cerca de 2.000 postos de traballo directos.

Por outra parte Caixa Galicia conta con 464 oficinas en Galiza, Caja Madrid con 44 e a CAM con 3, a media de empregados por oficina no sector situase en 5, polo que o peche destas oficinas afectaría a cerca de 250 persoas mais.

Lembran, por experiencias de anteriores fusións, que unha empresa de ámbito estatal non mantería a mesta rede de oficinas na Galiza, polo que o os postos de traballo afectados podería duplicarse a medio prazo. A modo de exemplo o BBVA ten 219 oficinas en Galiza, o Santander 132 oficinas.

No resto do Estado Caixa Galicia ten 410 oficinas, 60 en Valencia e 63 en Madrid onde tamén hai Servizos Centrais, polo que as duplicidades tamén se darían fora de Galiza afectando a casi 600 postos de traballo mais.

Polo tanto a absorción de Caixa Galicia tería gravísimas repercusións sobre o emprego, permitindonos utilizar os termos demagóxicos do lider do PP a absorción por Caja Madrid e a CAM tamén levaría a un “porrón de despidos” .

Por último alertan que calquera intento de absorción nestes termos non sería pacífico, a CIG e os traballadores e traballadoras de Caixa Galicia non quedaremos de brazos cruzados ante a posible perda de milleiros de postos de traballo, ante calquera tentativa de reconversión traumática e un posible ERE, nin ante a perda do caracter galego de Caixa Galicia ou Caixanova.

Nenhum comentário:

Postar um comentário