julho 07, 2009

Anuncio de mobilizacións na Caixa de Aforros de Galicia

A Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia anunciou que o vindeiro día 9 de xullo ás 11:00 horas da maña ten convocada unha concentración na sede central da entidade en a Coruña para protestar polo que califican como proceso de reconversión.

No que vai de ano Caixa Galicia anunciou o peche total, parcial ou temporal de 105 oficinas en todo o Estado, a que habería que sumar os departamentos de servizos centrais.

Foto: Mobilización no mes de marzo en Ourense contra o peche de oficinas.


Nenhum comentário:

Postar um comentário