Os padecementos das millóns de persoas que perderon o seu emprego, a situación de milleiros de pequenos e medianos negocios que pechan cada día afogados pola falta de vitamina “F”, o Financiamento, son a consecuencia dunha crise económica que ten a súa orixe no sistema financeiro. Esta crise evidencia que se trata dun sector económico estratéxico, de aí o consenso político e social que durante anos recoñecía a necesidade de contar cunha banca pública, e a necesidade do control e supervisión pública sobre as entidades privadas.
Un consenso roto coa chegada do neoliberalismo económico, que levou á privatización absoluta do mundo das finanzas coa crenza cega na “autorregulación” do mercado financeiro e dos seus actores. O modelo que estoupou coa crise das subprime, levándose por diante os sistemas financeiros de EEUU e Europa.
É certo que as Entidades Financeiras do Estado español superaron a primeira vaga da crise financeira provocada polos instrumentos financeiros tóxicos especulativos; estas non investiron en subprimes, era máis rendible investir no “boom” inmobiliario español. Á procura dun beneficio fácil, moitas Entidades agrandaron os seus balances e a súa rede de oficinas sobreexpoñéndose ao sector do ladrillo (no 2007 un 70% dos préstamos das Caixas de Aforros estaban vinculados ao sector da construción). O estoupido da burbulla inmobiliaria, ameaza agora con levarse por diante a Bancos e Caixas. O problema do conxunto das Caixas non foi que sexan moi numerosas, que haxa políticos nos órganos de goberno, nin que estean vinculadas ás Comunidades Autónomas; o problema foi que especularon na economía de casino e gañou a banca, a gran banca. Isto hai que dicilo alto e claro.
Con este panorama, o Goberno Central aprobou o pasado 26 de xuño o Decreto 9/2009 de reordenación do sistema financeiro, unha nacionalización parcial e temporal do sector financeiro, un plan de recapitalización que pode chegar aos 90.000 millóns de euros que, sumados a anteriores axudas, eleva a cifra a 122.000 millóns de euros públicos investidos en salvar a Banca, 2.600 euros por cada habitante do Estado.
Pero máis alá da ineficiente socialización das perdas e da privatización dos beneficios que contempla o Goberno Central, estamos ante un cambio por decreto do modelo financeiro, un cambio con consecuencias económicas, políticas, sociais, laborais (pretenden destruír 75.000 empregos) e para o país.
O Estatuto de Autonomía de Galicia recoñece as Caixas de Aforros como competencia exclusiva da Comunidade. O Decreto 9/2009 invade competencias autonómicas, ao incluír a posibilidade de que o Banco de España poda fusionar Entidades de distintas Comunidades. Cinco gobernos autónomos anunciaron que estudan posibles recursos, pero en Galiza, o Goberno do Partido Popular garda silencio, renunciando a defender a Caixa Galicia e a Caixanova da posible absorción por entidades foráneas. Semella que a Alberto Núñez Feijoo a crise financeira venlle grande.
Ante o novo modelo económico que xurdirá da actual crise, Galiza precisará contar con Entidades financeiras propias, capaces de investir e financiar os sectores e as empresas estratéxicas para o país; farán falta recursos financeiros, vitamina “F” para modernizar a nosa economía, recursos que podemos non ter se deixamos en mans alleas a posibilidade de concedernos ou non o financiamento que precisemos.
Por último, e sen compartir a actual xestión, hai que recoñecer que Caixa Galicia e Caixanova xeran unha incalculable riqueza en Galiza, dan emprego directo a cerca de 9.000 persoas (tendo en conta as empresas auxiliares), financian a milleiros de empresas e a millóns de familias, e son os segundos inversores en Obra Social e Cultural só por detrás do Goberno Autónomo. Por todo isto non poden desaparecer, unha nova Lei de Caixas que impida a súa absorción é unha obriga de país.
Por Clodomiro Montero Martínez
Secretario Nacional Federación Banca e Aforro da CIG

Nenhum comentário:
Postar um comentário