novembro 18, 2011

Primeira reunión conxunta co Banco Popular e o Banco Pastor

Onte tivo lugar en Madrid  a primeira toma de contacto entre a representación sindical e as Direccións do Banco Popular e do Banco Pastor, respondendo así á solicitude realizada pola CIG. A preocupación polo impacto sobre o emprego da absorción estivo sobre a mesa, a A CIG amosou a súa preocupación por esta cuestión, nomeadamente  polos 633 empregados/as dos servizos centrais do Pastor na cidade da Coruña. Galiza non pode perder mais empregos no sector financeiro e moito menos capacidade de decisión.

A CIG reclámalle á dirección do Banco Popular que convoque aos sindicatos a unha xuntanza para abordar as consecuencias laborais do proceso de absorción do Banco Pastor. A central nacionalista critica que a reunión celebrada hoxe en Madrid cos responsábeis de recursos humanos das dúas entidades só servise para intercambiar información xa que foi concibida como un “foro de comunicación” e carecía da potestade de tomar decisións. Diante disto, solicitan a convocatoria dunha nova cita onde se comece a negociar o protocolo de absorción.

A CIG aproveitou a xuntanza convocada polos responsábeis de relacións laborais do Popular para rexeitar o inicio dun proceso de entrevistas individualizadas aos traballadores/as do Pastor. “Confirmáronnos que van ser totalmente voluntarias, así que aquelas persoas que non queiran asistir non deben de ter medo a represalias”, explica a secretaria da sección sindical da CIG no Pastor, Gladis Afonso. O obxectivo destas citas é coñecer a labor que desenvolve cada un dos empregados/as do Pastor e cales son as súas perspectivas laborais de futuro.

Ao mesmo tempo, a representante da central nacionalista amosou a súa preocupación polos 633 empregados/as dos servizos centrais do banco na Coruña, así como dos traballadores/as das outras empresas do grupo Pastor. “Recoñeceron que aínda non teñen pensado cal vai ser o seu futuro, pero reiteraron o seu compromiso de evitar solucións traumáticas”, comenta.

No que respecta ao proceso de fusión, Afonso indicou que a xuntanza de hoxe foi concibida polos seus promotores como un “foro de comunicación”, polo que carecía de capacidade decisoria. “Diante disto reiterámonos na nosa solicitude de que convoquen aos sindicatos a unha reunión na que se negocie o protocolo de absorción”. A representante sindical afirma que os responsábeis da entidade financeira recoñeceron que agora mesmo non é posíbel, pero que o farán en canto sexa legal, xa que antes é preciso presentar a OPA.

Nenhum comentário:

Postar um comentário