outubro 11, 2011

Convenio Telemárketing: a CIG reclama a volta do traballo deslocalizado ante o medre do paro

A patronal das empresas de telemárketing ACCE, fixo onte unha nova proposta na mesa negociadora do Convenio que resulta totalmente inasumible. 

Pero mais ala das propostas na mesa a CIG considera unha traizón aos pobos do Estado Español que as empresas principais e as subcontratas de telemárketing manteñán 25.000 postos de traballo de atención aos clientes deslocalizados no norde de África ou en Ámerica Latina, nun momento de emerxencia social polo incremento do desemprego.


Proposta ACCE

Vixencia: 3 anos (2010-2011-2012).

Suba salarial: Desvincular a suba dos salarios do incremento do custe da vida (IPC).

Proposta suba salarial
2010 0%
2011 1,5%
2012 1,5%

Despedimentos colectivos (artigo 17): Malia que a petición de CCOO e UGT a patronal quedou na reunión anterior en facer unha proposta para poder despedir tamén ao persoal indefinido a través deste artigo, é dicir sen garantías. ACCE viu á reunión coas mans baleiras.

Novamente quedaron en facer unha proposta por escrito que nos remitiran antes do día 10 de novembro, data na que se reunirá de novo a mesa negociadora (dentro dun mes o que demostra a falta de interese da patronal por chegar a un acordo).

Posición da CIG


A patronal está conseguindo marcar os tempos da negociación e os contidos, xa non se fala mais que daquelas cuestións nas que teñen interese as empresas: recortar salarios e facilitar aínda mais os despedimentos.

O telemárketing non está en crise, cada vez un maior número de empresas principais deciden subcontratar a través de contact center para abaratar custes o que xera novas campañas. Outra cuestión é que moitas rematan deslocalizadas fora do Estado nun momento no que o paro acada cotas de autentica emerxencia social. Esiximos ás empresas de telemárketing que deixen de levarse o traballo a América ou África, cando na Galiza hai 232.918 persoas no paro.

Si as empresas principais e as contratas de telemárketing teiman en manter deslocalizados mais de 25.000 postos de traballo, estaran demostrando que son inimigas da sociedade, eles saberan a que queren enfrontarse. A deslocalización é unha traizón a todos os pobos do Estado Español.

Nenhum comentário:

Postar um comentário